
Aforro de enerxía
Unha vez cargada totalmente a batería e desconectado o teléfono do cargador,
desenchufe o cargador da toma de corrente.
Para evitar cargar a batería tan a miúdo, faga o seguinte:
•
Peche e desactive as aplicacións, servizos e conexións cando non as utilice.
•
Reduza o brillo da pantalla.
•
Configure o teléfono para que entre en modo de aforro de enerxía tras un período
mínimo de inactividade, sempre que o seu teléfono dispoña desta función.
•
Desactive os sons innecesarios, como os do teclado e chamada.