Galería
O teléfono admite un sistema de xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer o
contido que se adquira. Comprobe sempre as condicións de envío de calquera contido
e a tecla de activación antes de adquirilos, xa que poderían cobrarlle unha tarifa por
eles.
Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de
xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual, incluídos
os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para acceder
a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo é posible acceder a contido
protexido con OMA DRM 1.0. Se un determinado software DRM non protexe o contido, é
posible que os propietarios do contido soliciten que se anule a capacidade do
mencionado software de acceder a novos contidos protexidos mediante DRM. Esta
anulación pode tamén impedir a renovación do contido protexido que xa se atope no
dispositivo, mediante DRM. Esta anulación non afectará ao uso de contido protexido con
outros tipos de DRM ou ao uso de contido non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse
cunha clave de activación asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha
copia de seguridade das claves de activación e do contido, utilice a función de copia de
seguridade de Nokia PC Suite.
22 Menú operador
É posible que outros métodos de transferencia non transfiran as claves de activación
que é necesario recuperar co contido para que poida continuar utilizando o contido
protexido mediante OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén é
posible que necesite recuperar as claves de activación en caso de que se danen os
ficheiros do dispositivo.
Para ver os contidos da Galería
Seleccione
Menú
>
Galería
.