Entorno operativo
Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición a
radiofrecuencia cando se emprega na posición normal de uso
no oído ou cando se coloca polo menos a unha distancia de
2,2 centímetros (7/8 de polgada) do corpo. Se se utiliza unha
funda de transporte, unha pinza para o cinto ou un soporte
para utilizar o produto pegado ao corpo, estes non deberán
conter ningunha peza de metal e deberá colocar o dispositivo
á distancia indicada anteriormente.
Para enviar ficheiros de datos ou mensaxes, cómpre dispoñer
dunha conexión de calidade á rede. É posible que o envío de
ficheiros de datos ou mensaxes se retrase ata que se atope
dispoñible a mencionada conexión. Respecte as instrucións
sobre a distancia de separación ata completar a transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É posible
que os materiais metálicos sexan atraídos polo dispositivo.
Non coloque tarxetas de crédito nin outros soportes de
almacenaxe magnéticos preto do dispositivo, xa que é
posible que se elimine a información almacenada neles.