Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos dun fornecedor de servizos sen
fíos. Algunhas funcións non se atopan dispoñibles en todas as redes; é posible que para
poder utilizar outras funcións sexa necesario establecer acordos específicos co seu
fornecedor de servizos. Os servizos de rede implican a transmisión de datos. Comprobe
co seu fornecedor de servizos os detalles verbo de tarifas na súa rede propia ou durante
a itinerancia noutras redes. Este pode explicarlle os importes que lle serán cargados
polo servizo. É posible que algunhas redes teñan limitacións que afecten ao modo en
que se poden utilizar algunhas funcións deste dispositivo que requiran soporte da rede,
como soporte para tecnoloxías específicas como os protocolos WAP 2.0 (HTTP e SSL) que
se executan en protocolos TCP/IP e caracteres dependentes dos idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a desactivación ou non activación
de determinadas funcións no dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non
aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que o dispositivo dispoña de
elementos personalizados como os nomes ou a orde dos menús e as iconas.