Inserción da tarxeta SIM e a batería
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de
extraer a batería.
A tarxeta SIM e os seus contactos poderían danarse facilmente se a tarxeta se raia ou se
dobra, polo que debe ter coidado cando manipule, insira ou extraia a tarxeta.
1 Prema e deslice a tapa posterior cara á parte inferior do teléfono e retírea (1).
2 Retire a batería (2).
3 Abra o soporte da tarxeta SIM (3), insira a tarxeta SIM coa superficie de contacto
orientada cara a abaixo (4), e peche o soporte (5).
4 Insira a batería (6) e coloque de novo a tapa posterior (7).